http://www.semana.com/wf_InfoArticulo.aspx?idArt=107559
Mensaxe do día:
Masacre en Instituto finlandés.
Parece que as matanzas indiscriminadas en centros educativos xa non son únicamente unha lacra da decadente e violenta sociedade estadounidense. O tráxico balance de oito mortos onte nun pequeno instituto finlandés, debe facernos reflexionar sobre a necesidade de non descoidar a formación integral dos estudantes adolescentes. Unha formación onde son fundamentais a defensa de valores como a tolerancia, a solidaridade, a igualdade, a integración e a defensa sen cortapisas dos dereitos humanos e democráticos. Resulta pois moi apropiado, que ante o abandono aparente destes nos fogares familiares, teñan que ser enfatizados nos centros escolares, sen limitarse a un tratamento meramente transversal, coma na anacrónica tradición escolar actual.
Polo tanto materias coma Educación para a cidadanía parecen absolutamente imprescindibles, aínda que os de sempre por desgracia, cunha actitude realmente irresponsable, se opoñan por secula seculorum.
1 Ser humano indignado.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario